Descubre o noso portafolios integral de servizos end to end.
O lugar onde desenvolver o teu talento
SEIDOR é unha organización onde te poderás desenvolver profesional e persoalmente, rodeado de grandes equipos humanos, con valores compartidos e a mellor experiencia de traballo.
As persoas fan única a nosa organización
Medramos grazas a ti e queremos que te sintas como na casa. Presentámosche nove aspectos importantes da nosa cultura que caracterizan a SEIDOR.
Flexibilidade horaria e conciliación
Coidamos o noso talento, proporcionándolle condicións de flexibilidade para que poida combinar a súa vida persoal e desenvolvemento profesional.
SEIDOR Academy
A nosa academia especializada forma e remunera o talento nas principais tecnoloxías e competencias profesionais, e incorpórao aos nosos equipos.
Teletraballo no noso ADN
En SEIDOR o teletraballo é unha modalidade máis de traballo e está plenamente integrada na nosa cultura, proporcionando flexibilidade e comodidade aos nosos equipos.
Unha benvida como mereces
O noso programa on boarding está preparado para acollerte e acompañarte en todo o teu proceso de adaptación. Contarás cun equipo á túa disposición e unha figura mentora de referencia.
Coidamos o teu benestar
SEIDOR conta co seu programa dedicado a coidar a saúde das súas persoas, Programa#S, en que compartimos actividades, encontros e consellos para coidarmos a nosa saúde física e mental.
Moi bo ambiente de traballo
En SEIDOR botámonos unha man e o compañeirismo forma parte da nosa maneira de entender o traballo. Encántanos o traballo en equipo e aprender uns dos outros.
Traballamos con grandes retos e marcas
Contamos cun medio co que intercambiamos coñecemento e oportunidades. Grandes profesionais forman parte do ecosistema de clientes, provedores e partners de SEIDOR.
Mentalidade global, cooperación local
A nosa compañía ten unha orixe familiar e unha mentalidade global con sensibilidade local, inclusiva e que respecta todos os contornos e espazos onde traballa.
Liderados próximos e xestión participativa
Cremos nun liderado que axuda a desenvolver o teu potencial, incita á participación e ten sensibilidade cara ás necesidades dos nosos equipos.
Hedaia Neiroukh
Consultora en Dubai
“Un ambiente de traballo colaborador, flexible e de alta especialización que vai extraendo o mellor de ti. Cada ano é unha experiencia diferente.”
Queres consultar todas as oportunidades para formar parte de SEIDOR?
A través da nosa páxina de ofertas, poderás coñecer mellor os retos que te esperan na nosa organización. Se cres que tes moito que achegar a SEIDOR, non dubides en escribirnos.